4, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu a unión no Partido Popular para que ningún voto para un cambio de Goberno se quede sen escano. Do contrario, segundo sostivo, o PSOE logrará que a súa estratexia de dividir o voto de centro-dereita funcione e o país seguirá na mesma situación de inestabilidade e inacción.
Puy salienta que o PPdeG incorpora á campaña electoral e ao debate no Parlamento a axenda galega de demandas ao novo Goberno de España
Santiago, 4 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que o PPdeG incorporará á campaña electoral e ao debate no Parlamento galego a axenda galega de demandas ao novo Goberno de España que se consideran prioritarias para Galicia, xa que van desde o pago da débeda, ao financiamento autonómico, a chegada do AVE, o futuro da industria galega ou a prestación de servizos públicos.
Feijóo pide unir o voto no Partido Popular para que se recuperen os compromisos con Galicia
4, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unir voto no Partido Popular para que se recuperen os compromisos con Galicia. Tras facer fincapé en que o país necesita un goberno como o da nosa Comunidade, destacou que os galegos tamén “precisan dun Goberno de España que se tome en serio” a Galicia.