Santiago, 17 de novembro de 2019.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno ordinario da vindeira semana que axilice as xestións necesarias ante a Unión Europea para a obtención de fondos comunitarios para a dragaxe e rexeneración da ría do Burgo.
O PPdeG propón que os servizos de arrendamento dun VTC se realicen cunha antelación mínima de 15 minutos
Santiago, 16 de novembro de 2019.- O Grupo Popular solicita, a través dunha emenda presentada ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta, que se debaterá en Pleno o vindeiro luns, que os servizos de arrendamento de vehículos con condutor (VTC) deberán contratarse cunha antelación mínima de quince minutos á súa prestación.