13, decembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o compromiso do Goberno de que as obras do AVE a Galicia acaben a finais de 2019 non se vai cumprir.
O Grupo Popular salienta que 110.000 estudantes galegos se benefician este ano do programa Edulingüe
Santiago, 13 de decembro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, salientou hoxe que o programa Edulingüe de potenciación das linguas estranxeiras “chegará neste curso a cerca de 110.000 estudantes de infantil, bacharelato e formación profesional, o que representa máis do 31 por cento do alumnado galego”.
O Grupo Popular afirma que a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades da poboación de Laracha
Santiago, 12 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe que “a dotación de servizos e persoal está axustada ás necesidades sanitarias da poboación do concello de Laracha” e incidiu que “os problemas puntuais de substitucións do persoal médico veñen derivados do paro cero en medicina de familia e pediatría, que se solucionan dentro das posibilidades de atopar persoal en cada momento”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que recupere as axudas para atención a MENAS
Santiago, 12 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno central o reforzo dos seus programas para a inclusión social dos colectivos máis vulnerables, en particular recuperando as axudas para a atención e a acollida de menores estranxeiros non acompañados en Galicia e incrementando as contías destinadas ao Plan Concertado e ao Plan de desenvolvemento xitano para poder atender a demanda actual de servizos sociais.
O Parlamento galego demanda a elaboración dunha guía con actuacións para acadar vivendas intelixentes
Santiago, 12 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta a Xunta a elaborar unha guía con actuacións para acadar vivendas intelixentes, con especial orientación a mellora dos aspectos de sostenibilidade e eficiencia enerxética das mesmas.