Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos Deputados, co obxectivo de modificar a Lei37/1992 do imposto sobre o valor engadido para incluír os cueiros dos nenos e nenas entre os produtos aos que se aplica o tipo reducido do 4 por cento.
O Grupo Popular apoia que a Xunta realice unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe do Lérez
Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta a realizar unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe da canle do río Lérez que pola súa potencial carga contaminante ou prexudicial non sexan susceptibles de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría.
O Parlamento galego esixe a Fomento que constrúa e financie a estación intermodal de Lugo, dotándoa dun aparcamento soterrado
Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Ministerio de Fomento que constrúa e financie a estación intermodal que presentou na cidade de Lugo en marzo de 2019, unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.
O Parlamento galego demanda a Fomento a dotación de carrís adicionais e a consolidación definitiva dos noiros na N-120
Santiago, 15 de xaneiro de 2020.– O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que proceda a adoptar as medidas que de modo definitivo permitan garantir a seguridade viaria da estrada N-120, no tramo entre Monforte e Ourense, entre outras, a dotación de carrís adicionais que eliminen os riscos existentes na actualidade e a consolidación definitiva dos noiros das marxes da estrada.
Ana Belén García Vidal substituirá a Beatriz Mato como deputada no Grupo Popular
Santiago, 14 de xaneiro de 2020.– A deputada do Grupo Popular Beatriz Mato Otero formalizou esta maña, na primeira xuntanza que celebrou a Mesa do Parlamento galego no 2020, a súa renuncia ao escano na Cámara galega.