Santiago, 22 de xaneiro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe que a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a pagar a débeda de 370 millóns de euros que ten con Galicia responde a que “aproveita os cartos de todos os galegos para maquillar o seu déficit, pagar favores a outras comunidades afíns que lle renden pleitesía ou para atender os seus gastos extraordinarios”. “Gustaríanos saber que pensan os socialistas galegos deste roubo, porque sería unha traizón a Galicia que apoiaran esta decisión que pon os intereses do PSOE por enriba dos intereses e necesidades dos galegos”, apuntou.
Tellado asegura que Sánchez «xa non ten escusas» para non aprobar o estatuto electrointensivo
22, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, esixiu ao Goberno de Pedro Sánchez que aprobe de forma inmediata o estatuto da industria electrointensiva “ou que vaia pensando en cesar á ministra de Transición Ecolóxica porque non fai o seu traballo”.