Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de ser cómplices do Goberno de Pedro Sánchez, que está a promover o peche da central térmica das Pontes.
O PPdeG afirma que os servizos de urxencia dos hospitais galegos están dimensionados para atender a todos os pacientes en calquera data
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que “os servizos de urxencias dos hospitais galegos están dimensionados para atender a todos os pacientes en calquera data, aínda que poden sufrir saturacións en situacións puntuais”.
O Grupo Popular afirma que a lei galega de atención a pacientes terminais xa evita o sufrimento e garante unha morte digna
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular rexeitou hoxe no Pleno do Parlamento unha proposición de lei do Grupo Mixto para a despenalización da eutanasia e axuda ao suicidio porque “non creemos que encaixe coa forma de entender a vida e a morte que ten a sociedade galega; porque a lexislación galega en materia de atención a pacientes terminais xa está a evitar o sufrimento e a garantir unha morte digna en Galicia; e porque, tal e como está formulada esta proposta, sen ningún tipo de control ou limitación, é un paso en falso cara un abismo”, sinalou a deputada Julia Rodríguez Barreira. “Non sería responsable abrir nestas condicións unha porta que non poderemos pechar e que nos levará por un camiño moi pendente, moi esvaradío e sen retorno”, apuntou.
O Grupo Popular asegura que a nova Lei de ordenación do territorio dota a Galicia dunha normativa “máis simple, útil, eficiente e práctica”
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado asegurou hoxe que a nova Lei de Ordenación do Territorio, que hoxe superou o seu debate de totalidade no Pleno, dotará a Galicia dunha normativa “máis simple, útil, eficiente e práctica, apostando por unha simplificación administrativa, tanto do número de figuras como no procedemento da súa tramitación”.