11, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que Galicia é hoxe máis verde que hai unha década, xa que é referente en Europa en sustentabilidade económica e ambiental, e é a única comunidade autónoma que conta cunha estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e unha estratexia de economía circular 2020-2030.
Feijóo garante seguir traballando por Ferrol, dando a cara polo naval e defendendo a industria de toda a comarca
11, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a seguir traballando por Ferrol, dando a cara polo sector naval e defendendo a industria de toda a comarca de Ferrolterra, tal e como fixo o Goberno galego nos últimos 11 anos. Neste senso, dixo que traballar polo futuro desta urbe foi unha “prioridade política e de xestión”, así hoxe conta con máis servizos públicos e máis posibilidades de formación.