Feijóo urxe ao Goberno central unha tarifa eléctrica competitiva ou a súa participación no capital de Alcoa para salvar a empresa

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo dúas opcións para Alcoa: que o Goberno central saque de forma inmediata unha tarifa eléctrica para as empresas hiperelectrointensivas ou que destine 10.000 millóns de euros, que vai aprobar hoxe no Consello de Ministros, a comprar ou participar de xeito transitorio en Alcoa, do mesmo xeito que vai inxectar capital a outras empresas estratéxicas a través da SEPI.

 

Seguir leyendo