Santiago, 15 de setembro de 2020.- A Xunta de Portavoces acordou hoxe, por consenso dos tres grupos parlamentarios, a constitución dunha Comisión non permanente de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19. O portavoz popular, Pedro Puy, cualificou de “boa nova” a creación desta nova comisión no Parlamento galego e manifestou que “agora toca traballar e enchela de contido para buscar saídas a esta crise a medio e longo prazo”.
Mellorar as conexións ferroviarias, o pulo ao Xacobeo e favorecer a mobilidade laboral, centro dos acordos entre as Cámaras de España e Portugal
Os deputados galegos logran incluír nas conclusións do VIII Foro Parlamentario Hispano-Portugués temas de especial interese para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.