Santiago, 20 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada salientou hoxe no Pleno o esforzo que realiza a Xunta para levar a cabo a prevención de incendios forestais mediante a planificación e a ordenación da superficie forestal, así como coa recuperación da actividade agrícola e gandeira nas terras abandonadas para que xeren discontinuidades no territorio e sexan capaces de parar os incendios ou reducir a súa afectación.
O PPdeG avoga porque Xunta e comunidade educativa “continúen traballando para garantir a seguridade sanitaria, o dereito á educación e manter a calidade no ensino”
Santiago, 20 de outubro de 2020.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, avogou hoxe no Pleno porque a Xunta “continúe traballando conxuntamente coa comunidade educativa para garantir a máxima seguridade sanitaria, por asegurar o dereito á educación e por manter a calidade do ensino galego”.
Puy considera “unha oportunidade para establecer os feitos documentados” a reactivación da Comisión de Investigación das caixas
Santiago, 20 de outubro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Pleno que a reactivación da Comisión de Investigación sobre as antigas caixas é unha “oportunidade para establecer feitos que están documentados e que a partir de aí cada un asuma as súas responsabilidades”.
Pedro Puy salienta a aprobación por unanimidade das normas de funcionamento da Comisión de Reactivación de Galicia pola Covid-19
Santiago, 19 de outubro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción pola aprobación por unanimidade das normas de funcionamento da Comisión especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19.