O Parlamento únese para demandar ao Goberno central a intervención pública temporal de Alcoa para a súa posterior venda a un inversor privado

Santiago, 21 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que adopte cantas medidas sexa necesarias á maior brevidade posible, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venta a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno central cambios na lei de saúde pública para actuar con garantías sanitarias e seguridade xurídica ante a Covid-19

Santiago, 21 de outubro de 2020.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de PSdeG e BNG, a través da que se demanda ao Goberno de España que acometa, canto antes, os cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da COVID-19 con plenas garantías e seguridade xurídica.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que restableza todos os servizos ferroviarios suprimidos con motivo da Covid-19

Santiago, 21 de outubro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que restableza todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver coas conexións interiores na propia Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas,

Seguir leyendo