Santiago, 22 de outubro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento galego que a finalidade de concentrar no centro de saúde de Fingoi toda a actividade de medicina xeral e pediatría dos sábados pola mañá que ten lugar na cidade de Lugo “procura evitar a dispersión dos recursos para a atención ordinaria que ata o de agora estaba repartida nos distintos centros de saúde da cidade”.
O PPdeG afirma que a atención sanitaria nos consultorios de Paradela en Meis e de Vilaxoán en Vilagarcía se retomará en canto a situación da Covid-19 o permita
Santiago, 22 de outubro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, informou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia levará adiante as actuacións precisas, en canto a situación da pandemia da Covid-19 o permita, para volver á situación previa respecto da atención sanitaria presencial nos consultorios de Paradela en Meis e de Vilaxoán en Vilagarcía, así como na atención pediátrica en Meis.
O Grupo Popular incide que o centro de saúde de Figoi acollerá a atención sanitaria os sábados pola mañá para evitar a dispersión de recursos
Santiago, 22 de outubro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento galego que a finalidade de concentrar no centro de saúde de Fingoi toda a actividade de medicina xeral e pediatría dos sábados pola mañá que ten lugar na cidade de Lugo “procura evitar a dispersión dos recursos para a atención ordinaria que ata o de agora estaba repartida nos distintos centros de saúde da cidade”.
O Grupo Popular salienta que o 42% do territorio galego está amparado por algún tipo de figura de protección
Santiago, 22 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado salientou hoxe no Parlamento de Galicia que o 42 por cento do territorio galego está amparado baixo algún tipo de figura de protección, como a Rede Natura ou as reservas da biosfera.
O Parlamento demanda á Xunta e ao CSD axudas para os clubs deportivos federados non profesionais
Santiago, 21 de outubro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que aprobe unha liña específica de subvencións dirixida a clubs federados de ámbito autonómico para facer fronte ás esixencias sanitarias derivadas da Covid-19, así como a dirixirse ao Consejo Superior de Deportes para que posibilite os mecanismos de axuda e financiamento para o sector deportivo non profesional de ámbito estatal.