Santiago, 12 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que realice os estudos que acrediten, diante de ICES e a Comisión Internacional para a conservación do atún atlántico (ICCAT), o bo estado do stock de bonito do norte e, conseguintemente, permita un aumento do TAC asignado a esta especie no atlántico norte. Así mesmo, demándase a negociación e a adopción de medidas para poder estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña.
Iniciativa sobre as demandas en relación coas infraestruturas pendentes de executar na cidade da Coruña
Demandas do Goberno galego ao Goberno central en relación coas infraestruturas pendentes de executar na cidade da Coruña
O Grupo Popular demanda “solucións de rescate” para o sector hostaleiro por parte de todas as administracións
Santiago, 11 de novembro de 2020.- O portavoz de Turismo do Grupo Popular, Borja Verea, afirmou hoxe no Parlamento que “ante situacións de pechamento obrigatorio dos locais de hostalería e, polo tanto, ante a incompatibilidade desta actividade económica coa situación sanitaria, a única saída son solucións de rescate nas que se deben implicar todas as administracións: municipal, autonómica, estatal e europea”.