Indica que o presidente do Goberno está disposto a pagar calquera prezo para manterse na Moncloa, algo para o que conta co apoio do Bloque
O Parlamento galego demanda ao Goberno central información sobre prazos e investimento das infraestruturas pendentes en A Coruña
Santiago, 13 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG nin do BNG, a través da que se esixe ao Goberno de España información pormenorizada sobre os prazos de execución e investimento das infraestruturas que ten pendentes de realizar en A Coruña, facendo referencia con carácter prioritario: á conexión ferroviaria do porto exterior de Langosteira; á estación intermodal; á ampliación da Ponte da Pasaxe; á instalación da pasarela en Pedralonga; á Cuarta Rolda; á mellora do tren entre A Coruña e Ferrol e entre A Coruña e Lugo; á ampliación da superficie da terminal e a instalación de dous novos fingers no aeroporto de Alvedro; á ampliación da avenida Alfonso Molina; á dragaxe da ría do Burgo e o Vial 18; así como que avalíe a posibilidade de solicitar financiación á Unión Europea para a súa financiación con fondos Next Generation.
O PPdeG salienta a posta en marcha nos vindeiros meses dun proxecto para reducir os cheiros empresariais na parroquia de Aguiño en Ribeira
Santiago, 13 de novembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo Gómez salientou hoxe no Parlamento que “existe o compromiso de poñer en marcha nos vindeiros meses un ambicioso proxecto, que suporá unha inversión de un millón de euros, para reducir os cheiros que derivan da actividade dunha empresa no lugar de Couso na parroquia de Aguiño en Ribeira”.
Iniciativa sobre a demanda ao Goberno central da cesión da xestión do pazo de Meirás para usos culturais
Iniciativa sobre a demanda ao Goberno central da cesión da xestión do pazo de Meirás para usos culturais
O Grupo Popular asegura que está expresamente prohibido a implantación de parques eólicos na Rede Natura
Santiago, 13 de novembro de 2020.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento que “está expresamente prohibido a implantación de novos parques eólicos e restrinxida a repotenciación dos parques eólicos nun espazo pertencente a Rede Natura 2000”.
Iniciativa sobre a demanda ao Goerno central da cesión da xestión do pazo de Meirás para usos culturais
Iniciativa sobre a demanda ao Goerno central da cesión da xestión do pazo de Meirás para usos culturais
O Grupo Popular demandará á Xunta unha partida nos orzamentos de 2021 para ampliar o IFEVI e ao Concello de Vigo que poña os terreos a disposición
Santiago, 12 de novembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique avanzou hoxe a presentación no Parlamento galego dunha proposición non de lei solicitando á Xunta que inclúa nos seus orzamentos para 2021 a partida para executar a ampliación do IFEVI e pedindo ao Concello de Vigo axilidade na posta a disposición dos terreos para executar esta obra, “que permitiría aumentar a superficie para que se poida realizar con éxito unha das maiores feiras do noso país e así acadar un importante impacto na hostalería, restauración e comercio desta cidade e de Galicia enteira”.