O Parlamento galego insiste en demandar ao Goberno central a aprobación dun permiso retribuído para os pais con fillos en corentena

Santiago, 3 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a aprobación urxente dun permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena. Así mesmo, o Grupo Popular incorporou a emenda do BNG que demanda, entretanto o Goberno español non cumpre con esta solicitude, que a Xunta cree unha liña de axudas directas extraordinarias para garantir o dereito de conciliación perante novos gromos e repuntas da COVID-19.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que a Xunta disporá de fondos en 2021 para iniciar a construción do novo centro de saúde de O Grove cando o concello ceda os terreos necesarios

Santiago, 3 de decembro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento galego que o Goberno galego “disporá para 2021 dunha partida de 1,1 millóns de euros para iniciar a construción de novos proxectos de centros de saúde en Galicia, sempre que exista un acordo firme con calquera concello que cumpra cos trámites de ceder os terreos necesarios e viables para proceder a esta obra, como pode ser o caso do novo centro de saúde de O Grove”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular pide que o Goberno central axude ao estaleiro Barreras a través do Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas

Santiago, 2 de decembro de 2020.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, defendeu hoxe no Parlamento galego que a Xunta “siga colaborando na procura dunha solución que consolide un proxecto viable para o estaleiro Barreras e a industria auxiliar, e incidiu na necesidade de que o Goberno central axude a este estaleiro a través do Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas”.

Seguir leyendo

O PPdeG critica á oposición por “pedir agora unha mesa de traballo para os fondos europeos, cando xa leva traballando desde maio”

Santiago, 2 de decembro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, criticou hoxe que socialistas e nacionalistas “pidan agora unha mesa de traballo para elaborar os proxectos que opten aos fondos de reconstrución da Unión Europea, cando o Goberno galego xa leva traballando na preparación destes proxectos desde o pasado mes de maio a través do Comité de Expertos Económicos e do diálogo social”.

Seguir leyendo