Santiago, 5 de decembro de 2020.- O Grupo Popular vén de solicitar a comparecencia do Vicepresidente 2º e conselleiro de Economía Empresa e Innovación, Francisco Conde, na Comisión especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, a fin de que informe sobre as iniciativas e os proxectos que está a desenvolver o Goberno galego para a transformación económica e social de Galicia.
O Parlamento galego demanda potenciar ampliar a información a distancia no agro galego
Santiago, 4 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través a que se insta á Xunta a potenciar a plataforma tecnolóxica web para poñer en valor e ampliar a formación a distancia no agro galego.
O Grupo Popular propón aos maxistrados Costa Pillado e Aranguren Pérez como membros do Consello Consultivo de Galicia
Santiago, 4 de decembro de 2020.- Unha vez expirado o mandato tanto do Presidente como dos conselleiros electivos do Consello de Contas de Galicia e aberto o prazo para a presentación de candidatos a membros electos deste organismo por parte do Parlamento de Galicia, o Grupo Popular vén de propor aos maxistrados José Luís Costa Pillado e Ignacio Aranguren Pérez.
O Parlamento galego demanda o traspaso dos centros do Instituto Español de Oceanografía á Xunta
Santiago, 4 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, transacionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co Goberno de España para o traspaso de competencias da xestión económica-administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO), previo saneamento e reartellamento da entidade, para que pasen a formar parte da estrutura da Administración galega.