Santiago, 11 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosouse hoxe “con ganas de rematar o ditame da Comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas, unha vez que está moi clarexado o panorama xudicial”. Porén, afirmou que “a nosa prioridade fundamental neste momento é a Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia creada neste Parlamento e a aprobación duns orzamentos para 2021 que van permitir combater a pandemia sanitaria a curto prazo”.
Tellado: “Presentaremos unha moción para defender a nosa autonomía fiscal en todos os concellos de Galicia”
Di que o PPdeG non deixará que nos impoñan subidas fiscais disfrazas de harmonización nin desde Moncloa, nin desde a Generalitat de Cataluña