Santiago, 28 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”, como se demostrou en Galicia nos últimos meses coa celebración dunhas eleccións para a renovación do Parlamento galego e do propio Goberno galego. Respecto da actividade na Cámara galega, salientou que nos tres meses deste primeiro período de sesións da XI lexislatura “xa temos aprobado tres textos lexislativos e outros oito están en tramitación”, ao tempo que se concede á oposición un protagonismo no debate parlamentario, xa que formula máis do 86 por cento das iniciativas de control ou impulso ao Goberno galego nas sesións plenarias.