Santiago, 3 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa insistiu hoxe no Parlamento no “compromiso” da Xunta co Ecobarrio da Ponte na cidade de Ourense, e mostra disto é a partida de 550.000 euros que figura nos orzamentos para 2021 para esta actuación.
O Parlamento demanda impulsar a valorización da transferencia de resultados da I+D ao mercado
Santiago, 3 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D ao mercado, a través da continuidade dos mecanismos de financiamento; fortalecendo as capacidades organizativas e profesionais das estruturas e dos centros; impulsando unha cultura da transferencia na comunidade investigadora; incentivando a función de transferencia de coñecemento; mellorando as capacidades dos nosos xestores de transferencia; ou establecendo mecanismos de monitoraxe da transferencia.
O Grupo Popular reiterará cada mes no Parlamento a solicitude de construción dun barco en Navantia
Santiago, 3 de febreiro de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, incidiu hoxe no Parlamento galego na “preocupación pola situación dramática que vive o sector naval da ría de Ferrol”, polo que anunciou que “reiteraremos cada mes nesta Cámara a solicitude ao Goberno central para que realice o encargo dun barco nos estaleiros de Navantia”.
Demanda de consenso sobre a modificación na Lei de costas logo dun estudo e diálogo co complexo mar-industria
Demandas sobre a supresión do artigo do proxecto de lei de cambio climático e acadar consenso sobre modificación na lei de costas logo dun estudo e diálogo co complexo mar-industria
Barreiro lamenta que el Gobierno no complemente los planes de ayudas directas de Galicia a los sectores más afectados
En una interpelación del PP a la ministra de Industria, Comercio y Turismo, y ante la falta de respuestas de Reyes Maroto