Santiago, 10 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta das Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo conxunta co Goberno de España, a Xunta e a representación dos traballadores da empresa, que teña como obxectivo atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro da planta.
Iniciativa sobre o inicio dun proceso participativo e colaborativo para a celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos
Iniciativa sobre a demanda á Xunta de Galicia para que inicie un proceso participativo e colaborativo para a celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos
O Grupo Popular critica que o BNG pretenda instrumentalizar e politizar o Consello Galego de Pesca
Santiago, 10 de febreiro de 2021.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, criticou hoxe que o BNG pretenda “instrumentalizar e politizar” o Consello Galego de Pesca coa incorporación de representantes dos grupos políticos no seu pleno e nas comisións sectoriais.
O Parlamento demanda a retirada do artigo do proxecto de Lei de cambio climático que pon en perigo a estabilidade da cadea mar-industria
Santiago, 10 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a supresión ou modificación substancial, previo diálogo co sector afectado, do artigo 18 do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética, que modifica a Lei de Costas para limitar o prazo máximo de duración das concesións das empresas da cadea mar-industria e se establece a obriga de derivar fóra da zona de dominio público marítimo-terrestre as actividades que poidan desenvolverse noutro lugar.