Santiago, 12 de febreiro de 2021.- Os deputados do Grupo Popular Diego Calvo, Miguel Tellado e José Manuel Rey rexistraron esta mañá no Parlamento galego unha batería de iniciativas para solicitar cada mes deste ano carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol.
Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de Lei de acción exterior e da cooperación de Galicia
Santiago, 12 de febreiro de 2021.- A Comisión 1ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de acción exterior e da cooperación de Galicia, “unha norma de país que fixa o marco normativo, os obxectivos e ferramentas para relacionarnos e proxectarnos no mundo nas próximas décadas”, manifestou o deputado popular Alberto Pazos.
Tellado: “Ana Pontón fai política en Cataluña pedindo a independencia ao lado de dous convictos”
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Ana Pontón fai política en Cataluña pedindo a independencia ao lado de dous convictos. “Esa é a verdadeira cara do BNG. Pontón, despois de 20 anos no Parlamento, xa non engana a ninguén”, engadiu.
O número dous dos populares galegos cuestionou así a presenza da nacionalista no mitin central de ERC onde acompañou a Oriol Junqueras e Arnardo Otegi. “Mentres aquí nega ser independentista, tan pronto sae de Galicia pide unha República de Cataluña libre do lado de dous delincuentes xulgados”, manifestou.
Segundo indicou, volveu o Bloque do nacionalismo decimonónico e radical que se opón a todo por defecto e que está aproveitando a pandemia para traer as súas vellas teimas como as nacionalizacións, a tarifa eléctrica galega ou a banca nacional galega-, “receitas de probada ineficacia”.
Ademais, admitiu que, pola súa parte, os socialistas están desaparecidos. “Atopamos unha oposición que non é útil a Galicia”, cun PSdeG atrapado entre as loitas internas pola sucesión e a patolóxica necesidade de defender a Pedro Sánchez, e un BNG que mostra a súa verdadeira cara, sacando o ideario independentista do avó, da man de Otegi e Junqueras”, insistiu.
Di que a oposición non é útil a Galicia, cun PSdeG absorto na carreira sucesoria e co BNG máis radical que nunca da man de Otegi e Junqueras
Teresa Egerique salienta o compromiso da Xunta para investir máis de un millón de euros no Conservatorio de Música de Vigo
Santiago, 11 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique saudou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta de investir máis de un millón de euros na rehabilitación do Conservatorio Superior de Música de Vigo, “unha obra que se engadirá aos máis de 24 millóns de euros que o Goberno de Feijóo ten investido en infraestruturas educativas desta cidade”.
O Parlamento demanda unha programación para celebrar o centenario do Seminario de Estudos Galegos en 2023
Santiago, 11 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a iniciar un proceso participativo e colaborativo para a celebración en 2023 do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos.