Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro requiriu hoxe no Parlamento galego ao Concello de Sarria a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos, segundo o proxecto técnico inicialmente presentado e coa autorización da Xunta. Porén, matizou que “o Goberno galego está disposto a autorizar ao Concello unha reparación puntual e urxente desta rúa, pero sen renunciar á súa actuación completa e integral como estaba previsto inicialmente”.
O Parlamento galego demanda á empresa Energy que cumpra coas súas obrigas no servizo da barcaza que une Santiso e Vila de Cruces
Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a tomar as medidas necesarias para que a empresa concesionaria do encoro de Portodemouros, situado no curso do Ulla medio entre os concellos de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces, cumpra coas súas obrigas a respecto das condicións que debe observar a barcaza e as instalacións que comunican as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso), segundo o establecido nas condicións da concesión do encoro á empresa Naturgy.
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que paralice a inclusión do lobo ibérico na listaxe de especies de protección especial
Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que paralice o proceso de inclusión de todas as poboacións do lobo ibérico ao norte do Douro na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE), mantendo o actual status legal das poboacións existentes nesta zona.
Miguel Lorenzo: “El PSOE vota en contra de que Galicia gestione los usos del Pazo de Meirás”
El portavoz de Cultura del Grupo Parlamentario Popular y senador por A Coruña, Miguel Lorenzo, ha lamentado hoy, en el debate de una moción del PP, en la Comisión de Cultura y Deporte del Senado, que “el PSOE vote en contra de que Galicia gestione los usos del Pazo de Meirás. Dicen una cosa en el Parlamento de Galicia y otra en Madrid”, ha remarcado.
O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na demanda ao Goberno central da construción dun BAM para os estaleiros de Navantia
Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana en demandar ao Goberno de España a construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia en Ferrol, que dea carga de traballo ata o inicio dos traballos das fragatas F-110. Así mesmo, demandará a posta en marcha dunha serie de medidas, tanto por parte do Goberno central como da Xunta de Galicia, que faciliten a conciliación e a corresponsabilidade, así como a aprobación a nivel nacional da Lei de igualdade salarial para rematar coa fenda salarial de xénero entre homes e mulleres.
Iniciativa sobre a redución do IVE dos salóns de peiteado e o seu apoio por mor da crise da covid-19
Iniciativa obre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado para que proceda á redución do IVE dos salóns de peiteado do
actual 21% a un 10% e sobre o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector nun momento de especial necesidade por mor da crise da covid-19