Santiago, 17 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno de España a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19.
O Grupo Popular solicita ao Goberno central a convocatoria urxente da mesa para garantir o futuro industrial de Alu Ibérica en A Coruña
Santiago, 17 de febreiro de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, incidiu hoxe no Parlamento galego en que “o Goberno central convoque canto antes a mesa para garantir o futuro industrial da fábrica de Alu Ibérica en A Coruña, onde se explique tamén os motivos dos despedimentos realizados nos últimos días que van en contra de todo intento de acadar a paz social nesta empresa”.