Santiago, 1 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de todos os galegos para cumprir as normas de comportamento neste momento de desescalada e “non haxa que volver atrás nas decisións que se están adoptando para volver paulatinamente á normalidade”. Así mesmo, respecto do aniversario da primeira vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas, manifestou que “en conxunto as cousas de fixeron razoablemente e así o avaliou en tres ocasións máis o pobo galego”, salientando as transformacións realizadas no tecido produtivo e social galego, así como o reforzamento dos servizos sanitarios e sociais.
Iniciativa sober a demanda para cubrir o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia
Iniciativa sobre a demanda á Xunta de Galicia para solicitar ao Goberno de España que cubra o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia