O Grupo Popular asegura que a reagrupación dos centros de ensino de Begonte “resultará beneficiosa para o alumnado”

Santiago, 9 de marzo de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, asegurou hoxe no Pleno que a unión dos centros de ensino de Baamonde e Virxe do Corpiño no concello de Begonte “resultará beneficiosa para o alumnado, xa que poderá crearse un aula para cada nivel educativo mellorando o funcionamento do centro, compatibilizando a racionalización da oferta educativa e o uso eficiente dos recursos coa calidade do ensino”.

Seguir leyendo

O PPdeG cualifica de “ambicioso” o Plan de Saúde Mental de Galicia, cun investimento de 83 millóns de euros

Santiago, 9 de marzo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, cualificou hoxe no Pleno do Parlamento de “ambicioso” o Plan de Saúde Mental de Galicia, que suporá un investimento de 83 millóns de euros co obxectivo de mellorar o número de profesionais e de dispositivos asistenciais, así como o desenvolvemento de programas para a recuperación das persoas con trastorno mental severo e fomentar a investigación sobre estas patoloxías. En concreto, este plan prevé a creación de cinco novas unidades de saúde (dúas en Vigo, dúas en A Coruña e unha en Santiago) e a incorporación de 23 novos profesionais, entre psicólogos, psiquiatras, traballadores sociais e enfermeiros.

Seguir leyendo