Santiago, 18 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a implantación de melloras para a atención das mulleres afectadas por endometriose, como consultas específicas en todas as áreas sanitarias, realizar campañas de divulgación desta doenza e formación do persoal sanitario, ou atención diferenciada en fertilidade ás doentes.
O Grupo Popular afirma que “a día de hoxe non existe petición algunha na Xunta para construír unha residencia de maiores en Petín”
Santiago, 18 de marzo de 2021.- O deputado popular Alberto Pazos afirmou hoxe no Parlamento galego que “a día de hoxe non existe petición algunha na Xunta de Galicia para a construción dunha residencia pública de maiores en Petín”.
O Parlamento galego solicita á Xunta a remisión dun proxecto de Lei do xogo de Galicia
Santiago, 18 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a remitir á Cámara á maior brevidade un proxecto de Lei do xogo de Galicia, así como a creación dun Observatorio Galego do Xogo que realice un informe anual sobre este sector na Comunidade galega.
O PPdeG demanda ao Goberno central a inclusión das perruquerías entre as actividades beneficiarias das axudas directas á solvencia empresarial
Santiago, 17 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz anunciou hoxe no Parlamento a presentación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno de España a inclusión das perruquerías, barberías e salóns de peiteado no listado de actividades beneficiarias das axudas directas aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres.
O Grupo Popular require ao Concello de Ribadeo que facilite un lugar axeitado para el Xulgado de Paz
Santiago, 17 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos requiriu hoxe no Parlamento galego ao Concello de Ribadeo que, na maior brevidade posible, facilite unha localización axeitada para albergar con carácter definitivo as dependencias do Xulgado de Paz; así como que, en colaboración coa Xunta, realice sen demora as xestións oportunas para adecuar as dependencias provisionais deste Xulgado de Paz.