Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta a que adopte as medidas que sexan oportunas para favorecer os investimentos de industrias lácteas en produtos de maior valor engadido. O deputado popular Daniel Vega sinalou que “o inxente esforzo de apoio ao sector lácteo galego debe traducirse nun impulso á transformación en Galicia de produtos que xeren riqueza na Comunidade autónoma”.
O Parlamento galego solicita a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais
Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta o impulso e desenvolvemento do Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais, garantindo que manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento.
O Plan de formación do servizo contra incendios forestais inclúe 230.000 horas lectivas para 3.000 traballadores
Santiago, 25 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada salientou hoxe no Parlamento que o plan de formación para o Servicio de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia 2012-2024 inclúe a impartición de 230.000 horas lectivas a case 3.000 traballadores.
Demanda do mantemento das salas do 091 da Policía nacional nas comisarías provinciais de Ourense e Lugo
Iniciativa sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do mantemento das salas do 091 da Policía Nacional nas comisarías provinciais de Ourense e Lugo, así como sobre o aumento dos medios humanos e materiais desas comisarías