Santiago, 6 de abril de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta para a transferencia dos fondos derivados do Real Decreto-Ley de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da Covid-19, ao tempo que modifique os criterios de reparto para que non penalice á Comunidade galega. Así mesmo, volverase esixir ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol.
Tellado: “O emprego en Galicia aguanta mellor que no Estado malia a pandemia e o trato inxusto do Goberno no reparto de fondos”
O secretario xeral resalta que a prioridade é manter o maior número de postos de traballo posibles apoiando aos nosos sectores económicos
Iniciativa sobre medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial
Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da covid-19.
Encargo aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun BAM para a Armada Española
Iniciativa sobre o encargo aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun BAM (Buque de Acción Marítima) para a Armada Española, que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol, tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar
Puy alerta que a modificación da Lei de costas pode provocar que as empresas planifiquen accións noutras zonas con requisitos menos esixentes
Santiago, 5 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe que a modificación do regulamento da Lei de costas incluída polo Goberno central no proxecto de Lei de cambio climático supón unha ameaza á seguridade xurídica para a continuidade das concesións do sector mar-industria en Galicia e está a provocar que a planificación a longo prazo das empresas se faga cara outras a zonas onde os requisitos non sexan tan esixentes, como pode ser Portugal.