Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou hoxe no Pleno do Parlamento “o intento hipócrita do PSdeG de salvar a cara e branquear a decisión do Goberno central de eliminar a través dos artigos 18.3 e 18.4 da Lei de Cambio Climático a prórroga extraordinaria de todas as concesión da costa galega.
O PPdeG afirma que a iniciativa privada permite obter vacinas contra a Covid-19 en tempo récord
Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo explicou hoxe no Pleno que “a iniciativa privada, ademais das colaboracións público-privadas, son as que permiten, en boa medida, que se desenvolvan proxectos a escala global para obter vacinas en tempo récord contra a Covid-19”. “Os dereitos de propiedade garanten que compañías farmacéuticas en todo o mundo se lancen á carreira incerta de investigar medicamentos, que implica grandes custes, un alto risco e remata con máis control público no que respecta á seguridade do produto”, explicou.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central un reparto xusto das axudas para autónomos e pemes que non discrimine a Galicia
Santiago, 14 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se esixe ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para a transferencia de fondos para o reparto das axudas a autónomos e pequena e mediana empresa, ademais de facilitar os requisitos de xustificación de gastos das mesmas. Así mesmo, demándase un reparto xusto destes fondos, que non volva a prexudicar a Galicia, seguindo os criterios de financiamento autonómico e a porcentaxe de autónomos na Comunidade galega; e ampliar os sectores beneficiados para que as axudas cheguen a máis profesionais.
O Grupo Popular arranca un novo acordo no Parlamento pedindo un barco ponte para Navantia en Ferrol
Santiago, 14 de abril de 2021.- O Grupo Popular no Parlamento de Galicia arrancou hoxe un novo acordo unánime do Pleno para instar ao Goberno Central á construción dun busque de acción marítima (BAM) para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, facilitándolles carga de traballo mentres no comece a construción das fragatas F-110.
O Grupo Popular asegura que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais da discapacidade”
Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais dos expedientes de discapacidade, salvo entre os meses de marzo e maio de 2020 por mor do confinamento pola pandemia da Covid-19, porque o primeiro é preservar a saúde de todos os cidadáns galegos”.
Redacción do proxecto de construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do inicio da redacción do proxecto de construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense