Santiago, 20 de abril de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España sitúe de novo os proxectos de Vigo entre as súas accións urxentes, poñendo solución a carencias estruturais e rectificando textos legais e medidas que prexudican directamente a esta cidade.
O Parlamento galego pide a Goberno central e Comisión Europea medidas de protección do marraxo que non supoñan quebranto económico da flota
Santiago, 20 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central e á Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo dientuso que non leven ao quebranto económico da flota e que teñan en conta todas as medidas de xestión sostible que as diferentes organizacións rexionais de pesca e a Unión Europea teñen adoptado en favor desta especie.
O Grupo Popular apoia demandar ao Goberno de España a aplicación do IVE superreducido do 4% aos produtos pesqueiros
Santiago, 20 de abril de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei pola que se demanda ao Goberno de España a redución do IVE dos produtos pesqueiros (peixes e mariscos), de tal xeito que pase do actual 10 por cento ao tipo superreducido do 4 por cento.
Iniciativa sobre alegacións ao Proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central de atención ás alegacións presentadas pola Xunta de Galicia respecto do Proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade
que resultan de aplicación a partir do 1 de xuño de 2021