Santiago, 21 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique reiterou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta segue a disposición de Barreras e do resto de administracións para colaborar e buscar solucións que certifiquen a continuidade deste estaleiro”.
O Parlamento galego demanda o recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta xacobea
Santiago, 21 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a recoñecer o carácter oficial da ruta xacobea coñecida como Camiño do Mar, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, e prosigue pola provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón ata Neda, e o inclúa en todas as accións de promoción e divulgación turística ligadas ao Xacobeo 2021-2022.
O Parlamento galego demanda ampliar o prazo de alegacións ao proxecto de orde dos novos prezos eléctricos e dos pagos por capacidade
Santiago, 21 de abril de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra dos deputados do PSdeG, a través da que se solicita que o Goberno central amplíe o prazo de alegacións ao proxecto de orde dos novos prezos eléctricos e dos pagos por capacidade que se aplicarán a partir do vindeiro 1 de xuño, de xeito que os axentes poidan analizalo en profundidade e formular as correspondentes alegacións.
O Parlamento galego pide que Xunta e Adif colaboren para mellorar a cobertura de fibra óptica e móbiles
Santiago, 21 de abril de 2021.- o Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, transaccionada entre o Grupo Popular e o PSdeG, a través da que se pide que a Xunta e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) colaboren na mellora da cobertura de fibra óptica e móbiles en Galicia, especialmente na zona rural.