Santiago, 28 de abril de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG nin do BNG, a través da que se solicitan ao Goberno central diversas actuacións en Vigo relacionadas coa AP-9, o transporte ferroviario, a conexión eléctrica a 220 KV, o Xacobeo 2021-22, a construción da Biblioteca Pública Nacional ou a modificación das leis de cambio climático ou de pesca sostible naqueles aspectos que prexudican directamente a esta cidade.
Demanda de cambios normativos en materia de saúde pública para actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dos cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
O Parlamento galego rexeita a resolución europea sobre medidas para recuperar a pesca por enriba do rendemento máximo sustentable
Santiago, 28 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se amosa o rexeitamento da resolución do Parlamento Europeo sobre medidas para promover a recuperación das poboacións de peixes por riba do rendemento máximo sustentable (RMS), en particular zonas de recuperación de poboacións de peixes e zonas mariñas protexidas, de tal xeito que se reconsidere o seu contido en favor do xusto equilibro entre a sustentabilidade ambiental e as dimensións económica e sociolaboral da actividade pesqueira.
O Grupo Popular amosa a solidariedade e apoio aos traballadores de Repsol en A Coruña
Santiago, 27 de abril de 2021.- O voceiro de Emprego, José Manuel Balseiro, amosou esta tarde no Parlamento a solidariedade e apoio do Grupo Popular aos traballadores da refinería de Repsol en A Coruña, e avanzou a esperanza de que o expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) anunciado e que afectaría a este centro “poida reconducirse e non chegue a aprobarse”.