Santiago, 14 de maio de 2021- A deputada popular María Felisa Rodríguez defendeu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento unha emenda do Grupo Popular encamiñada a insistir á consellería de Medio Rural para que redobre os esforzos e traslade novamente ás deputacións de Lugo, a Coruña e Pontevedra a solicitude de colaboración e implicación financeira na prevención e extinción de incendios forestais. A deputada popular reiterou a necesidade de que estas administracións colaboren no mantemento deste servizo público, eficiente e de calidade, nos mesmos termos que está a facer a Deputación de Ourense.
O Parlamento aproba incluír criterios relacionados coa protección da saúde e a aplicación das novas ferramentas da nova Lei de Recuperación de Terra nas axudas aos Grupos de Desenvolvemento Rural
Santiago, 14 de maio de 2021- A Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a iniciativa para que nas próximas convocatorias de axudas dirixidas aos Grupos de Desenvolvemento Rural se inclúan novos criterios que poñan en valor a recuperación económica e social en cuestións derivadas da incidencia que está tendo a Covid19, a protección da saúde, ou mesmo a posibilidade de aplicar as novas ferramentas que contemplará a nova Lei de Recuperación de Terra.
O Grupo Popular resalta os máis de 9 millóns de euros de axudas da Xunta ao sector de carne de vacún para paliar as consecuencias derivadas da pandemia
Santiago, 14 de maio de 2021- O deputado popular Daniel Vega destacou hoxe na súa intervención na Comisión 7ª do Parlamento os máis de 9 millóns de euros de axudas da Xunta ao sector da carne de vacún específicas para paliar as consecuencias derivadas da pandemia da Covid-19. Ademais, engadíu, as específicas de préstamos ao sector do viño, con 6M€ ou ao sector de plantas ornamentais con 3M€.
O Parlamento aproba a creación dun Centro integral para a loita contra o lume que incremente a análise e a investigación dos lumes forestais
Santiago, 14 de maio de 2021- A Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a iniciativa encamiñada á creación dun Centro integral para a loita contra o lume en Toén Ourense, a provincia máis afectada polos incendios forestais, dotado con persoal especializado no comportamento e análise dos lumes forestais, para dar formación aos bombeiros forestais e desenvolver análise e investigación.
Tellado di que estamos ante o “peor BNG da historia, teledirixido dende Ferraz e desconectado dos galegos”
Indica que os nacionalistas, en vez de seguir pedindo a independencia de Galicia, “deberían empezar por independizarse eles mesmos do PSOE”