Santiago, 18 de maio de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central transfira á Comunidade galega os 204 millóns de euros da mensualidade do IVE correspondente ao mes de novembro de 2017, así como os máis de 40 millóns que se deben aos concellos galegos por esta mesma cuestión. Ademais, o Grupo Popular solicitará na sesión plenaria a promoción e dinamización do sector da eólica mariña offshore, avaliando o asentamento de parques eólicos no contorno mariño contiguo garantindo o respecto e compatibilidade coas actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño.
Xestións para a consecución dunha efectiva reapertura da pesqueira da cigala
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da realización das xestións necesarias ante a Comisión Europea para a consecución dunha efectiva reapertura da pesqueira da cigala
Tramitación da proposición de lei de medidas urxentes para a consolidación dos funcionarios interinos da Administración local con habilitación nacional
Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa tramitación da Proposición de lei de medidas urxentes para a consolidación dos funcionarios interinos da Administración local con habilitación nacional