Santiago, 20 de maio de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe no Parlamento galego a inclusión na Estratexia de Vacinación fronte á Covid-19 de España do grupo de coidadores non profesionais das persoas dependentes cun grao III de dependencia recoñecido.
O Parlamento galego reitera a solicitude para que o Sergas incorpore ós profesionais de saúde mental que dependen dos concellos
Santiago, 20 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, a través da que se demanda que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) inicien o procedemento para incorporar ao Sergas os profesionais e servizos sanitarios de saúde mental que prestan os seus servizos dependentes dos concellos, de xeito que se ordene a atención e dependa do organismo competente en asistencia sanitaria.
O Grupo Popular apoia que a Xunta normalice a presenza do galego nos centros sanitarios
Santiago, 20 de maio de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a normalizar a presenza do galego nos centros sanitarios, garantir a existencia de exemplares en galego de calquera documentación que se lle teña que facilitar aos doentes ou que teñan que asinar, e realizar todas as actuacións formativas precisas tanto para que os profesionais teñan a competencia lingüística precisa para atender aos doentes en lingua galega.
O PPdeG demanda ao Concello de Santiago que ceda á Xunta a parcela para a nova sede do Imelga
Santiago, 19 de maio de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marisol Díaz Mouteira demandou hoxe no Parlamento galego que o Concello de Santiago ceda á Xunta un espazo axeitado para o desenvolvemento das funcións do Instituto de Medicina Legal (Imelga).
O PPdeG salienta que Galicia seguiu a Estratexia de vacinación Covid-19 en España, que non recolleu inocular á xente do mar ata o 11 de maio
Santiago, 19 de maio de 2021.- O deputado popular Alberto Pazos subliñou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “actuou sempre de conformidade coas directrices establecidas na Estratexia de vacinación Covid-19 en España e demandando as necesidades específicas do sector do mar, que aconsellaban que fose declarado prioritario”. Porén, lamentou que as demandas do Goberno galego para inocular aos profesionais deste sector non foran atendidas ata o pasado 11 de maio, “cando xa se levaban varios días negociando co Instituto Social da Mariña para solucionar o problema de vacinación para este persoal”.
O Parlamento pide ao Goberno central que convoque máis prazas de funcionarios de administración local con habilitación nacional
Santiago, 19 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda da Administración Xeral do Estado e o Goberno de España que rexeiten a tramitación da proposición de Lei de medidas urxentes para a consolidación dos funcionarios interinos da administración local con habilitación nacional e convoquen e cubran anualmente un maior número de prazas de funcionarios de cada unha das subescalas pertencentes ao corpo de funcionarios de administración local con habilitación nacional.