O Grupo Popular demanda a BNG e PSdeG propostas en positivo para debater en materia de emprego

Santiago, 21 de maio de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro lamentou hoxe que BNG e PSdeG “insistan en presentar iniciativas en materia de emprego repetidas e baleiras de contido real” e reiterou que “estamos dispostos a debater e aprobar propostas en positivo que melloren o mercado laboral en Galicia ou que contribúan a mellorar a capacidade dos e das galegas á hora de atopar un emprego estable e de calidade”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda compensacións para os sectores afectados pola Covid-19 e o peche da fronteira entre Galicia e Portugal

Santiago, 21 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que impulse, en colaboración con todas as administracións e coas AECT, un plan especial para demandar compensacións con cargo a fondos propios, estatais ou europeos para os sectores afectados pola Covid-19 e polo efecto do peche da fronteira entre Galicia e Portugal.

Seguir leyendo

O Grupo Popular asegura que a protección do monumento aos mártires de Carral está garantida

Santiago, 21 de maio de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Luis Ferro afirmou hoxe que “a declaración como ben de interese cultural do monumento aos mártires de Carral podería supoñer un incremento da súa consideración, pero a súa protección xa está garantida, xa que está incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia desde o ano 1993 e está incluído no Plan Básico Autonómico”.

Seguir leyendo

O PPdeG asegura que o Castro Valente, entre Padrón e A Estrada, goza dun nivel de protección moi elevado

Santiago, 21 de maio de 2021.- O deputado do Grupo Popular Ovidio Rodeiro asegurou hoxe no Parlamento que o Castro Valente, localizado nos concellos de Padrón e A Estrada, está incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e nos plans xerais de ordenación municipal, polo que “goza dun nivel de protección moi elevado que fai necesario, por exemplo, que a Xunta autorice calquera tipo de intervención, tanto no propio ben como na súa contorna”.

Seguir leyendo

O Parlamento reitera ao Goberno central a solicitude de cesión gratuíta do antigo colexio de Celeiro en Viveiro

Santiago, 21 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Goberno de España a solicitude de cesión gratuíta do inmoble do antigo colexio de Celeiro en Viveiro para, previa rehabilitación, trasladar alí a Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza e, a súa vez, permitir o aproveitamento dos espazos que deixa baleiros este centro de idiomas para a ampliación das instalacións do colectivo social ASPANANE, con destino a novos usos residenciais.

Seguir leyendo