Santiago, 26 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que priorice o despregamento de banda larga nas zonas brancas menos poboadas e dote de cobertura ás zonas que non dispoñen de servizos básicos de telefonía dixital.
O Grupo Popular avoga polo impulso do Plan de turismo termal de Galicia que amose o atractivo existente nas catro provincias galegas
Santiago, 26 de maio de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada defendeu hoxe no Parlamento galego continuar co impulso do Plan de turismo termal de Galicia, como mecanismo de actuación cooperada entre a Administración do Estado, a Xunta, os concellos e o sector privado, e que amose o atractivo termal existente nas catro provincias galegas.