Santiago, 9 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que conte coa participación das comunidades autónomas no deseño do Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22, para a concreción de accións e a aplicación de recursos económicos.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas para reducir o prezo da electricidade ás familias e ás empresas
Santiago, 9 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central que adopte as medidas necesarias para reducir o impacto da nova tarifa eléctrica na economía das familias e na competitividade das empresas.