Pedro Puy salienta o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, coa aprobación de tres novos textos legais

Santiago, 5 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, o último deste período de sesións, xa que se aprobarán tres novos textos legais: o da primeira universidade privada de Galicia, o dirixido a garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación; e o que recoñece a violencia vicaria como violencia de xénero. “Con estas tres novas leis, sumaremos 14 neste primeiro ano de lexislatura, moitos deles dirixidos á recuperación económica e social ante a pandemia da Covid-19”, sinalou.

Seguir leyendo

Pedro Puy asegura que na Comisión de Reactivación “hai máis acordo entre os grupos do que parece”

Santiago, 4 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, nunha entrevista na Cadena SER, que no ditame da Comisión de Reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19 “hai máis acordo entre os grupos parlamentarios do que parece”, e a modo de exemplo salientou que o BNG votou en contra do 20 por cento das propostas. Así mesmo, lamentou que o Goberno central leve meses sen convocar o Consello de Política Fiscal e Financeira “nestas circunstancias nas que se están a repartir fondos entre as comunidades” para loitar contra a pandemia sanitaria.

Seguir leyendo