O Parlamento galego demanda que todas as administracións se involucren na organización de espectáculos musicais ao aire libre

Santiago, 8 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia amosou hoxe por unanimidade, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, o seu apoio ás orquestras galegas como un sector económico de importante valor cultural e turístico e puxo de manifesto a importancia de que todas as administracións, nomeadamente os concellos, se involucren na súa reactivación e posibiliten a súa organización, unha vez superadas con éxito as probas piloto de espectáculos musicais ao aire libre.

Seguir leyendo

O PPdeG reitera que “o mellor modo de protexer o emprego en Xeal é cumprir as condicións das concesións da explotación en Cee e Dumbría”

Santiago, 8 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo reiterou hoxe no Parlamento galego que “o mellor modo de protexer o emprego na factoría de Xeal é garantindo o cumprimento das condicións que imperan nas concesións de explotación das centrais hidroeléctricas, que vinculan estas ao mantemento da actividade industrial nas plantas de Cee e Dumbría”.

Seguir leyendo