O Grupo Popular solicita que se aclaren as circunstancias do baleirado dos encoros da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil e que o Goberno estableza mecanismos de control e vixilancia

Santiago, 27 de agosto de 2021- A voceira de Medio Ambiente do Grupo Popular Marisol Díaz Mouteira presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria dirixida a requirir do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aclare as circunstancias nas que se produciu o baleirado dos encoros da súa competencia en Galicia, como son Portas, Belesar, Cenza e Salas, e se autorizou a deixalos por debaixo do 20% da súa capacidade e, no seu caso, os motivos que levaron a esa autorización.

Seguir leyendo