O Parlamento aproba que a nova PAC manteña como mínimo para os sectores de vacún de leite, de carne e ovino-caprino unha dotación similar ao período 2014-2020

Santiago, 3 de setembro de 2021- A comisión de Agricultura, Gandería e Montes do Parlamento de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha iniciativa do Grupo Popular encamiñada a que a Xunta de Galicia se dirixa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e defenda unha postura de Galicia antes as negociacións da PAC 2023-2027 que manteña como mínimo para os sectores de vacún de leite, de vacún de carne e ovino-caprino unha dotación similar ao período 2014-2020, incluíndo ademais o castaño nas axudas asociadas para froitos de cáscara.

Seguir leyendo