Santiago, 8 de setembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a retomar o antes posible os traballos de elaboración do plan de dinamización e impulso da lectura en Galicia, “un documento que deberá analizar a situación actual para enfrontar os retos e as necesidades futuras para reforzar o papel do libro galego e o hábito lector entre a cidadanía, favorecer a consolidación da industria cultural, e impulsar a internacionalización do libro e da literatura galega”, sinalou o deputado popular José Luis Ferro.
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a cobertura urxente das prazas de examinadores de tráfico vacantes en Galicia
Santiago, 8 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que convoque de xeito urxente un proceso selectivo que permita cubrir as prazas de examinadores de tráfico vacantes existentes en Galicia.