Cuestiona que o BNG se poña do lado das empresas que se lucran a costa do medio ambiente co único obxectivo de sacar rédito político
O Parlamento galego demanda a Renfe que todos os trens entre Vigo e Madrid paren en Vilagarcía
Santiago, 9 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, que non contou co apoio do PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que dea as instrucións precisas para que Renfe rectifique e no inmediato inclúa a parada de Vilagarcía no segundo tren Alvia que une Vigo e Madrid, así como que progresivamente todos os trens de longo percorrido que comuniquen as cidades de Vigo e Pontevedra con Madrid, tanto no traxecto de ida como no de volta, paren en Vilagarcía.