Santiago, 29 de setembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que solicita á Consellería de Sanidade que, dentro do seu futuro Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, inclúa a remodelación integral e ampliación do actual centro de saúde de Carballo, co obxectivo de acoller nel un Centro Integral de Saúde que dea servizo a toda a comarca de Bergantiños.
O Parlamento esixe ao Goberno central bonificacións nas peaxes da AP-53
Santiago, 29 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que implante bonificacións nas peaxes da autoestrada AP-53, “é a máis cara de Galicia e unha das 20 máis custosas de toda España”, sinalou o portavoz de Infraestruturas, Diego Calvo.
O Parlamento demanda un plan estatal contra a exclusión financeira, con especial atención á zona rural
Santiago, 29 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España, en coordinación coas administracións autonómicas e locais, a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso á poboación aos servizos financeiros, especialmente na zona rural.
O PPdeG explica que o novo modelo de Pacto Local pasa previamente polo deseño do novo sistema de financiamento autonómico e municipal
Santiago, 28 de setembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acusou hoxe no Pleno do Parlamento aos socialistas galegos de “intentar lavarlle a cara ao Goberno de Pedro Sánchez e de xustificar os seus agravios e desprezos a Galicia demandando en Galicia un novo Pacto Local, que pasa previamente polo deseño dun novo sistema de financiamento autonómico e local”.