O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas en favor da industria electrointensiva e que interveña de forma transitoria Alcoa

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central a activar con urxencia as medidas pendentes en favor da industria electrointensiva para garantir a súa viabilidade presente e futura, así como proceder á intervención pública da factoría de Alcoa en San Cibrao, inicialmente de forma transitoria a través da SEPI, coa fin de asegurar o emprego e a actividade industrial, e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable.

Seguir leyendo

O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para que encargue un BAM para Navantia-Ferrol

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia volveu demandar hoxe ao Goberno central a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, así como a súa incorporación ao Pacto de Estado por Ferrol, a constitución dunha Zona Franca no porto de Ferrol e a inclusión nos orzamentos xerais do Estado para 2022 da partida necesaria para a construción das fragatas F-110. Así mesmo, demándase que o Goberno galego poña en marcha unha Delegación da Xunta en Ferrol no horizonte do primeiro trimestre do vindeiro ano.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que Galicia é a segunda comunidade con menor ratio de falecementos por Covid-19 nas residencias de maiores

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento galego que Galicia é a segunda comunidade autónoma española con menor ratio de persoas falecidas por Covid-19 nas residencias de maiores galegas. Deste xeito, criticou “a teima de BNG e PSdeG en obviar os datos que se coñecen e que acreditan que en Galicia fixéronse as cousas mellor, as residencias funcionaron mellor e evitáronse máis mortes que na maioría das comunidades autónomas”.

Seguir leyendo

O PPdeG salienta que Galicia foi a primeira comunidade en crear un plan de reactivación da cultura, dotado con máis de 26 millóns de euros

Santiago, 9 de novembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que Galicia “foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha un plan de reactivación para recuperar a actividade cultural, un plan que contou con máis de 26 millóns de euros, dialogado e dirixido a todos os ámbitos, e que foi adaptándose para atender as necesidades dos profesionais a medida que íamos coñecendo a evolución da pandemia”.

Seguir leyendo