O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG “falen xa de desmantelamento de ENCE sen ter alternativa nin contemplar ningunha solución”

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Manuel Santos criticou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “estean a falar xa de desmantelamento e demolición da factoría de ENCE en Pontevedra sen ter ningunha alternativa e sen contemplar ningunha solución”. “Se ENCE se pecha, o BNG e o PSdeG serán os responsables do futuro dos miles de traballadores desta empresa e as súas familias”, sinalou.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide á Xunta que aprobe a declaración ante a emerxencia climática de Galicia

Santiago, 9 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo de que o PSdeG aceptara a emenda do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a aprobar a declaración ante a emerxencia climática en Galicia, así como a revisar a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e implicarse activamente no Pacto Verde europeo e nos obxectivos de redución do 55 por cento dos gases de efecto invernadoiro.

Seguir leyendo