Santiago, 24 de novembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG e PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central que garanta o cumprimento da Lei de cadea alimentaria para evitar a venta a perdas dos gandeiros galegos, que recoñeza os resultados económicos da Conta Láctea ou outras aplicacións para a acreditación do custo efectivo da produción e facilite a constitución de organizacións de produtores lácteos axeitada ao tamaño das explotacións galegas.
O Parlamento galego insta á Xunta á apertura dun centro residencial para menores con problemas de conduta
Santiago, 24 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que adopte as medidas necesarias para a apertura dun centro residencial que cubra as necesidades de atención que requiren os menores en situacións de dificultade social e con problemas de conduta.