Santiago, 26 de novembro de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a liderar o proceso de recurso da decisión do Instituto Xeográfico Nacional, defendendo o topónimo “Ría de Ribadeo” e persoándose como parte interesada xunto ás demais administracións públicas e plataformas cidadás.
Tellado: “Pontón ten que dicir a verdade sobre a súa postura independentista por respecto á democracia e aos galegos”
Di que o PPdeG presentará unha iniciativa no Parlamento para que todos os partidos aclaren se queren unha República Independente en Galicia.
O Grupo Popular afirma que a ratio alumnos por profesor do colexio de As Nogais cumpre o catálogo de relacións de postos de traballo
Santiago, 26 de novembro de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, afirmou hoxe no Parlamento galego que o colexio de As Nogais conta cunha ratio de 7 alumnos por profesor, co que cumpre co recollido no catálogo de relacións de postos de traballo dos centros de ensino públicos, aprobado polo Goberno bipartito en 2007, para atender as necesidades educativas e de atención á diversidade dos alumnos matriculados neste centro de ensino.
O Parlamento galego pide ao Goberno central modificar a Lei de costas para protexer as construcións tradicionais preexistentes a esta normativa
Santiago, 25 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España a modificación da normativa sectorial en materia de costas, que permita a protección e posta en valor das construcións tradicionais preexistentes á Lei de Costas e que son elementos que contribuíron notoriamente a conformar a paisaxe característica do litoral galego.
José Manuel Balseiro lamenta que o Goberno de España negara fondos europeos para financiar a mellora da LU-710 en Baralla
Santiago, 25 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro lamentou esta tarde no Parlamento galego que o Goberno central desestimara a solicitude formulada pola Xunta de Galicia para financiar con cargo aos fondos europeos Next Generation o proxecto de mellora da estrada LU-710 ao seu paso polo municipio lucense de Baralla.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central manter o IVE das mascaras desbotables no 4%
Santiago, 25 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a traves da que se solicita ao Goberno de España que adopte as medias e decisións que sexan necesarias encamiñadas a prorrogar o prazo de vixencia da rebaixa do IVE das máscaras cirúrxicas desbotables, máis aló da súa data de finalización prevista para o 31 de decembro de 2021.