Santiago, 30 de novembro de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno que a Xunta desenvolva cantas accións sexan necesarias para frear e minorar a inestabilidade e a falla de seguridade xurídica orixinada pola modificación da Lei de costas a través da Lei de cambio climático; a incoherencia e a descoordinación na pesca e comercialización do marraxo; e o menoscabo do autogoberno xerado co recurso do Goberno central ao Plan xeral de explotación marisqueira 2021-2023.
Pedro Puy avoga porque a Comisión sobre o financiamento autonómico celebre en xaneiro as comparecencias e elabore as recomendacións
Santiago, 29 de novembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por axilizar os traballos da Comisión de Estudo sobre a reforma do financiamento autonómico, que mañá celebrará a súa primeira reunión, co obxectivo de que nas primeiras semanas do vindeiro mes de xaneiro se celebren as comparecencias e se elaboren as recomendacións.